Tres puntos do orgullo

O Coruxo encara todos os seus partidos como finais
Por o 08/02/2018 | Sección: Coruxo F.C,Deportes,Fútbol
Tres puntos do orgullo

Posiblemente as palabras que máis veces levan pronunciado, por insistencia e necesidade nesta tempada “Gañar e Concentración” e non porque eses conceptos non se teñan, máis ben é porque a vitoria é máis urxente que nunca, e as lagoas na concentración están a facer moito dano, un Coruxo que xoga concentrado oitenta e cinco minutos onde fai cousas moi boas, pero os outros cinco minutos desaparece. Tamén outras dúas palabras que se pronuncian sempre “Confianza e Fútbol” Confianza é o que ten o coruxismo nestes xogadores, e Fútbol, a gran capacidade que ten este persoal gañar partidos seguidos, un tras outro. A todos os xogadores cando se lles ficha dicir moi claro “O Coruxo é como unha gran familia, gañes ou perdas sempre che imos apoiar, e para nós serás o mellor”, os ruídos de sabres son para outros clubs, no Coruxo a unión, agarimo e respecto cara aos xogadores e corpo técnico é o máximo, porque eles represéntannos día a día.

Unha vez dito isto; a familia necesita alegrías xa que está a sufrir máis da conta. E este sábado a necesidade por gañar xa será o primeiro gol que o equipo de Rafa Sáez conseguirá. En fronte estará un equipo que xoga e deixa xogar, das revelacións que aparecen cada tempada. RCD Fabril o equipo que menos goles encaixa (17), catro derrotas na súa marcadora, dúas foron como visitante. En O Vao o RCD Fabril sempre sofre e este sábado non vai ser menos, as estatísticas son para rompelas, e tamén para darlle continuidade. O RCD Fabril como local conseguiu vinte e cinco puntos, e como visitante, dezanove, os seus números son máis sólidos xogando como local. Por iso se o Coruxo recupera a hexemonía xogando en O Vao terá moito que dicir neste partido e en todos os que teña que xogar sen importar quen é o rival, O Vao sempre foi un duro bastión. O Coruxo na anterior xornada ante a SD Ponferradina, no tempo engadido perdeu un partido que tiña gañado. E por parte do RCD Fabril, gañando ao Raio Majadahonda terminaba cun refacho de catro partidos seguidos sen gañar, onde cultivou dúas derrotas e dous empates.

O Vao sempre foi un campo difícil para o filial deportivista, a última vez que se enfrontaron no campo de O Vao foi na tempada 2010-2011, en O Vao terminou o partido cun empate 1-1, e no Mundo do Fútbol gañara o Coruxo 1-2. E remontándonos á tempada anterior onde o Coruxo ascendeu a Segunda División B, tempada 2009-2010, e en Ou Vao terminouse tamén con outro empate 1-1, e no Mundo do Fútbol gañaba o Fabril 3-2, aquela tempada ascenderon o RCD Fabril e Coruxo FC, eran os dous equipos a bater.
Mateo será baixa por sanción, pero recupéranse a outros xogadores que estaban lesionados, Fer Beltran, Juampa e Campillo. Ao Coruxo só lle vale gañar para saír canto antes da zona baixa da táboa, en O Vao xogarase un partido para homes con fame por gañar.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.