O Concello renova o seu apoio ao Triatlón Desafío Santander Illas Cíes, que se celebra este domingo

O alcalde, Abel Caballero, amosou a s√ļa satisfacci√≥n por poder participar este m√©rcores na presentaci√≥n da s√©tima edici√≥n desta esixente proba deportiva, que o Concello v√©n apoiando desde o seu inicio, tal e como destacou o primeiro edil.
Publicado por o d√≠a 18/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello renova o seu apoio ao Triatlón Desafío Santander Illas Cíes, que se celebra este domingo

A sétima edición do Triatlón MD Desafío Santander Illas Cíes, Campionato Galego de Media Distancia, disputarase este domingo, 22 de setembro, baixo a organización da Asociación Deportiva Augas Abertas e co apoio do Concello de Vigo.

A organización prevé a participación este domingo de medio millar de atletas, que cubrirán a distancia dun medio Ironman: 1,9 quilómetros de natación, 90 de ciclismo e outros 21 quilómetros de carreira a pe. A cita comeza coa natación na viguesa praia do Vao, para continuar cun circuíto ciclista entre Vigo e Nigrán e finalizar coa carreira a pé entre os areais do Vao e de Samil, onde finaliza.

A Asociaci√≥n Augas Abertas de Galicia, con sede en Vigo, leva dez anos organizando a Traves√≠a a Nado das Illas C√≠es e outros sete celebrando o triatlon do mesmo nome, po√Īendo en valor o entorno natural da r√≠a e do arquip√©lago vigu√©s.