Trives non falta na 19º Edición da Feira Xantar

Publicado por o día 25/01/2018 na sección de Galicia,Trives

Trives non falta na 19º Edición da Feira Xantar

Ao igual que na anterior edición, Trives non falta á cita con Xantar neste 19º Salón Internacional do Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. O Concello de Pobra de Trives acude cun stand do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro para promocionar a BICA e o resto de produtos turísticos do municipio, tales como viño e embutidos; nunha das mellores plataformas que existen agora mesmo en Galicia.

O Concello co apoio dos produtores de BICA, VIÑO e EMBUTIDOS consideramos especialmente importante a participación en foros deste tipo, xa que a gastronomía é a segunda motivación dos turistas para visitar Galicia, polo que apostámos por esta cita para promocionar a nosa oferta enogastronómica e tamén turística.

Este ano estaremos presente con un stand maior que o ano pasado, gracias á colaboración dos produtores da vila que están presentes este ano no Xantar, tentando dar a coñecer A Pobra de Trives do maior e mellor xeito posible.

As dúas adegas do noso Concello terán os seus viños no Túnel do Viño, onde poderán ser catados durante toda a duración da feira polos visitantes á mesma.

Ademáis o sábado día 3 é Día Adicado ao Concello da Pobra de Trives é ás 13:30h a temos a Degustación dos nosos produtos no stand (Bica, embutidos, viños).

Animámosvos a que veñades a visitar o noso stand e coñecer un pouco máis da enogastronomía e turismo da Pobra de Trives, e coñecer onde xantar e durmir, que actividades se poden facer ou que visitar neste Concello.