Troitiño deixa a Corporación por desavinzas con GañaMos

Posicionouse de forma clara a favor do proxecto do Celta en contra do sentir do seu grupo
Publicado por o día 28/01/2018 na sección de GañaMOS,Política

Troitiño deixa a Corporación por desavinzas con GañaMos

O portavoz do GañaMos Asemblea Veciñal mosense, Francisco Vázquez Troitiño, presentou onte no rexistro de entrada do Concello de Mos un escrito a través do que renuncia á súa acta de concelleira, aludindo a problemas de coordinación co seu grupo político.

O edil manifestou na súa conta persoal de facebook o seguinte, no Pleno do día 29 deixarei a Corporación de Mos para volver a traballar na primeira liña co voluntariado e Asociacións; creo cumplir o código ético co que me presentei as eleccións no grupo GañaMos e tratando de ser: “ ser un político, honrado, honestos e leal coa vecindade”.

Grazas aos mosenses por terme dado a confianza para poder traballar pola mellora da vida de [email protected] ,especialmente dos máis desfavorecidos.

Os motivos esenciais da miña marcha son as desavenencias políticas progresivas co Grupo GañaMos ao que perteñecía: Dende 2016 creouse un equipo de prensa e redes sociais , ao marxe dos [email protected], e marcouse, unha liña de actuación e difusión lonxe da miña forma de pensar. Como xa dixera na campaña procurei actuar como memebro da corporación e como tal, coa obriga de buscar o mellor para os mosenses: apoiando e perfeccionando o que beneficiasen a maioría e parar as maldades; non tendo en conta a cor política orixinaria das ideas e proxectos. En definitiva ser un político “que soubese ler a realidade e non confundir ista coa miña ideoloxía”.

Así, a miña contribución a que saira adiante a mellora en Servizos Sociais e axuda ao Fogar; a mellora do urbanismo nas Pozas, Puxeiros, a Praza do Concello, Costilleta etc; sendas peonis no Paseo do Louro e Torroso… Tamén quedan grandes frustracións: O Rebullón abandonado mentras a xente maior está sen residencias, ese PXOM con rúas estreitas de 8 metros e naves ao lado das casas que poden chegar a altura de 17 metros, esa espantosa nave de Peinador que o Concello non quere medir, eses expedientes de infración urbanística paralizados intencioadamente, o perigoso enlace de da AP9 en Puxeirose e a non gratuidade de estavía hacia Porriño.

Queda unha ilusión: que o Proxecto da Cidade Deportiva do Celta se leve acabo para estimular o deporte en Mos, e que nos ofreza servizos cercano, traballo e ingresos ao concello pero garantindo uns accesos cómodos, un entorno respetuoso co medio ambiente, e uns postos de traballo que un comité aséptico e xusto permita contratar a xente de Mos.

Quédame un bo recordo e agradecemento á maioría dos funcionarios do concello,que, alguns con valentía, axudaron a a aumentar a democracia e transparencia municipal… e tamén ese descubrimento na páxina web do concello que era o concelleiro máis rico. 

Creo que ao irme acepto como demócrata que a Asemblea é soberana nas decisións de GañaMos, pero no que eu por ética e en conciecia non podo continuar participando en actuacións coas que eu non concordo en que sexan o mellor para Mos . Estou convencido que os masenses o entenderedes e que entre [email protected] sigamos traballando pola tan necesaria mellora na vida en común.