Tudense e as Torres vencen no campionato autonómico

Por o 26/02/2019 | Sección: Deportes,Piragüismo
Tudense e as Torres vencen no campionato autonómico
O encoro de Pontillón do Castro en Verducido foi o protagonista da xornada deportiva do sábado, coa disputa do Campionato Galego de Inverno individual, no que estiveron presentes máis de 450 padeeiros de 41 clubs de toda galicia.
 
Unha competición que levou en categoría senior masculina o Kaiak Tudense- Axuda Paramós, segundo o Naval de Pontevedra e o Piragüismo Vilaboa terminaba en terceira posición. Mentres que na cita sénior feminina, o triunfo foi para o As Torres Romaría Viquinga, seguido do Mar Ría de Aldán e o Kaiak Tudense- Axuda Paramós .
 
En xuvenís, triunfo para o E. P. Cidade de Pontevedra, con Ribeiras do Tambre segundo e Piragüismo Verducido, terceiro. En mulleres, o E. P. Cidade de Pontevedra impúxose na proba, con Kaiak Tudense- Axuda Paramós segundo e o Piragüismo Rías Baixas en terceira praza.
 
Por último, os tres primeiros clasificados en Home Veterano foron en primeira posición o Fluvial de Lugo, segundo sería o Naval de Pontevedra e terceiro o C.E. P. Cidade de Pontevedra. Polo que respecta ás mulleres, o Breogán do Grove levaría a vitoria seguido polo de Mar Ría de Aldán e o Fluvial Avión-Castrelo de Miño.
 
A seguinte competición na que participarán os clubs galegos será no próximo mes de marzo, os días 15, 16 e 17 de Marzo en Sevilla coa disputa do Campionato de Inverno, que abre as competicións da liga nacional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.