Tui acolle dende maña as xornadas profesionais do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia sobre atención en catástrofes

A atención de psicolóxica na explosión en Paramos, o terremoto de Lorca, o accidente do Alvia e os incendios de Pedrogao Grande de Portugal de Tui, será analizada neste encontro científico-profesional
Publicado por o día 14/11/2019 na sección de Galicia,Tui

Tui acolle dende maña as xornadas profesionais do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia sobre atención en catástrofes

“Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos” é o título das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que dende mañá xoves e até o sábado se van celebrar no Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica de Tui. Están organizadas polo  Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, contando coa colaboración do Concello de Tui e da Ordem dos Psicloógos Portugueses.

Este encontro científico-profesional  foi presentado este mediodía na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura e Ensino,a e Dolores González Cabaleiro, presidenta e Alicia Carballal Fernández, vogal do comité organizador das Xornadas, e Soledad Ozores, do comité científico.

Estas xornadas, nas que van participar un centenar de psicólogos de toda Gallicia, teñen como obxectivo principal facer unha reflexión e análise en torno á intervención psicolóxica realizada en catástrofes, analizando a resposta no plano da atención psicolóxica na explosión do barrio da Torres en Paramos, en Tui, no accidente do Alvia en Santiago de Compostela, nos terremotos de Lorca en Murcia e nos incendios en Pedrógrao Grande en Portugal.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, amosou a súa gratitude pola celebración destas xornadas en Tui, e agradeceu a sensibilidade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co concello de Tui e a traxedia que tivo lugar en Paramos.  Indicou que serán interesantes e enriquecedoras.  Na súa intervención o rexedor tudense resaltou o feito de que este congreso aborde tamén a cooperación transfronteiriza que até o momento non aborda o ámbito de asistencia sociosanitaria. E reivindicou que o servizo de psicoloxía se preste dende a atención primaria, non só para atender casos de catástrofes colectivas senón tamén situacións individuais que se producen a diario. Lembrou que no Concello estase a redactar o Plan Municipal de Emerxencias.

Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura, agradeceu igualmente a celebración en Tui destas xornadas.

Dolores González Cabaleiro, presidenta do comité organizador destacou que as xornadas se centrarán en presentar catro situacións recentes de emerxencias: a explosión en Paramos, o terremoto de Lorca, os incendios en Pedrógrao Grande en Portugal, e o accidente do Alvia. O obxectivo das mesmas é propiciar un reflexión e análise destas situación, e sentar as bases dun protocolo de actuación psicolóxica postcatástrofe, que coordine tanto a atención temperá coma ao longo prazo.  Incidía en que a finalidade é que a intervención psicolóxica despois dunha catástrofe sexa planificada, accesible e continuada no tempo.

Alicia Carballal Fernández, vogal do comité organizador, incidiu na estruturación destas xornadas profesionais. Mañá xoves celebraranse dous obradoiros prácticos sobre as intervención realizadas con nenos e adolescentes tras os incendios  Pedrogao Grande e a atención prestada dende o primeiro momento, e que continúa na actualidade, no Centro de Saúde aos afectados polo terremoto de Lorca.

Venres e sábado terán lugar catro mesas. O venres celebrarase unha mesa centrada na intervención tras a catástrofe de Paramos, na que se contará coa presenza de Ana Isabel Martínez, do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, de Carmen González, traballadora social do Concello de Tui, e de dous afectados. Na segunda e na terceira mesa prevista abordarase a “Intervención post-catástrofe” coas intervencións en Atención Primaria Caso Paramos e en hospitalización caso do accidente do tren Alvia, nos  incendios Portugal no proxecto Pinhal do futuro, e a realizada pola Cruz Vermella en Paramos.

A cuarta mesa – o sábado pola mañá – ten por título “Vixilancia da saúde mental dos e das profesionais emerxencistas: posible afectación, intervencións e coidados”.

Amais haberá dúas conferencias. Unha inaugural  “Impacto das catástrofes na saúde mental: intervención psicolóxica desde o “Proxecto Pinhal do Futuro” a cargo de Daniel María Bugalho Rijo, doutor en Psicoloxía. Profesor auxiliar na Facultade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra. E outra de clausura “Intervención post catástrofe en Lorca” por Julio César Martín García-Sancho, psicólogo Clínico, xefe de servizo de programas asistenciais de adultos e rehabilitación e xestión da resposta de saúde mental tras os sismos de Lorca.

Soledad Ozores, presidenta do Comité Científico, fixo fincapé en que en Tui segue sendo precisa a atención psicolóxica aos afectados de Paramos.

Programa

Xoves, 14 de novembro de 2019

  • De 17:00 a 20:00 horas. Obradoiros
    • Obradoiro 1: Intervención en trauma con nenos, nenas e adolescentes. Grupo Pinhal do futuro, proxecto para prestar apoio psicolóxico a nenos e nenas e mozos das zonas afectadas dos incendios en Portugal do ano 2017.
      • Daniel María Bugalho Rijo. Doutor en Psicoloxía. Profesor auxiliar na Facultade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra.
      • María Cristina Canavarro. Doutora en Psicoloxía. Profesora da Faculdade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra.
    • Obradoiro 2: Intervención grupal post catástrofe. Grupo de sismos de Lorca – Murcia.
      • Carmen Egea Durán. Psicóloga Clínica da Unidad de Salud Mental Comunitaria de Albox (Área de Gestión Sanitaria Norte de Almería).
  • 20:30 horas. Visita turística polo casco vello do Concello de Tui.

Venres, 15 de novembro de 2019

  • De 9:00 a 9:30 horas. Entrega de documentación.
  • De 9:30 a 9:45. Acto inaugural das Xornadas.
    • Enrique Cabaleiro González. Alcalde do Concello de Tui.
    • Mª Rosa Álvarez Prada. Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
    • Eduardo Carqueja. Presidente da Delegación Rexional Norte da Ordem dos Psicólogos Portugueses.
    • Dolores González Cabaleiro. Presidenta do Comité Organizador das Xornadas.
  • De 10:00 a 11:00 horas. Conferencia inaugural. Impacto das catástrofes na saúde mental: intervención psicolóxica desde o “Proxecto Pinhal do Futuro” (Incendios en Pedrógão Grande 2017).
    • Daniel María Bugalho Rijo. Doutor en Psicoloxía. Profesor auxiliar na Faculdade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra.
    • Coordina: Dolores González Cabaleiro, G-1958. Presidenta do Comité Organizador das Xornadas.
  • De 11:00 a 11:30 horas. Presentación do Anuario da Sección.
  • De 11:30 a 12:00 horas: Descanso.
  • De 12:00 a 13:30 horas. Mesa 1 “Intervención na catástrofe. Caso Paramos”.
    • Coordina: Soledad Ozores Dopereiro, G-2463. Presidenta do Comité Científico das Xornadas.
      • Intervención psicolóxica.
        • Ana Isabel Martínez Arranz, G-2573. Psicóloga Xeral Sanitaria. Psicóloga dos Servizos Sociais en Camariñas. Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía no momento da explosión.
      • Intervención desde o traballo social.
        • Carmen María González Fernández. Traballadora Social do Concello de Tui.
      • Membros da Asociación de afectados de Paramos.
        • Pablo Domínguez Martínez. Membro da Asociación de afectados de Paramos.
        • Pilar González Suárez. Membro da Asociación de afectados de Paramos.
  • De 16:00 a 17:30 horas. Mesa 2 “Intervención post-catástrofe” 1º parte.
    • Coordina: Noelia Arias González, G-3402. Vogal do Comité Científico das Xornadas.
    • Intervención en Atención Primaria Caso Paramos.
      • Irene Esperón Rodríguez, G-1921. Facultativa Especialista da Área de Psicoloxía Clínica da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo (SERGAS). Responsable da intervención psicolóxica no centro de saúde de Tui tras a catástrofe de Paramos.
    • Intervención en hospitalización caso do accidente do tren Alvia en Santiago de Compostela 2013.
      • Rebeca Deus Fernández, G-4184. Psicóloga Clínica. Cruz Vermella A Coruña.
    •  Intervención no sismo de Lorca 2011.
      • Ascensión Garriga Puerto. Psicóloga Clínica. Unidade de docencia, investigación e formación de Saúde Mental no Servizo Murciano de Saúde. Responsable do programa de atención psicolóxica en atención primaria tras os sismos de Lorca.
  • De 17:30 a 18:00 horas. Descanso café. Pósteres.
  • De 18:00 a 19:30. Mesa 3 “Intervención post-catástrofes”. 2ª parte.
    • Coordina: Alicia Carballal Fernández, G-3097. Vogal do Comité Organizador das Xornadas.
    • Intervención en incendios Portugal. Proxecto Pinhal do futuro.
      • Daniel María Bugalho Rijo. Doutor en Psicoloxía. Profesor na Faculdade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra.
    • Cruz Vermella. Intervención en Paramos.
      • Mercedes Míguez González, G-2409. Psicóloga e Directora da Cruz Vermella Española – Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) Vigo.
    • Grupo de traballo post-catástrofes.
      • Cristina Prieto Fernández, G-3551. F.E.A. de Psicóloga Clínica da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo (SERGAS). Coordinadora do grupo de traballo do observatorio post-catástrofes da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
  • 19:30 horas. 1ª convocatoria da Asemblea de Socios e Socias da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
  • 20:00 horas. 2ª convocatoria da Asemblea de Socios e Socias da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
  • 22:00 horas: Cea oficial.

Sábado, 16 de novembro de 2019

  • De 10:00 a 10:30 horas. Comunicacións libres.
    • Coordina: Dolores González Cabaleiro, G-1958. Presidenta do Comité Organizador das Xornadas.
  • De 10:30 a 12:00 horas. Mesa 4 “Vixilancia da saúde mental dos e das profesionais emerxencistas: posible afectación, intervencións e coidados”.
    • Coordina: Soledad Ozores Dopereiro, G-2463. Presidenta do Comité Científico das xornadas.
    • Repercusións do traballo nas catástrofes na saúde mental dos e das profesionais.
      • Mª Jesús Taboada Costas, G-2447. Psicóloga membro do Grupo de Apoio a Intervenientes (GAI) do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG.
    • Formación psicolóxica doutros e doutras profesionais de emerxencias.
      • Mª Elena González Cid, G-3088. Psicóloga do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG. Formadora da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
    • Reflexións sobre o coidado de intervenientes e a autoprotección na axuda a persoas en situación de adversidade.
      • Miguel Anxo García Álvarez, G-0414. Facultativo Especialista de Área Psicoloxía Clínica do Hospital Universitario de Santiago de Compostela.
  • De 12:00 a 12:30 horas. Descanso café.
  • De 12:30 a 13:30 horas. Conferencia de clausura. Intervención post catástrofe en Lorca.
    • Julio César Martín García-Sancho. Psicólogo Clínico. Xefe de servizo de programas asistenciais de adultos e rehabilitación. Xestión da resposta de saúde mental tras os sismos de Lorca.
    • Coordina: Alicia Carballal Fernández, G-3097. Vogal do Comité Organizador das Xornadas.
  • 13:30 horas. Acto de clausura. Entrega de premios á mellor comunicación libre e ao mellor póster.
    • José Eduardo Rodríguez Otero, G-3407. Presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
    • Soledad Ozores Dopereiro, G-2463. Presidenta do Comité Científico das xornadas.