Turismo de Galicia comeza a promoción do turismo de negocios para o ano 2018 coa participación no ‘Pure Meetings & Events’

París acolleu este certame especializado no que se deron cita os operadores máis importantes do mundo que puideron coñecer a oferta galega para este segmento
Por o 16/02/2018 | Sección: Turismo
Turismo de Galicia comeza a promoción do turismo de negocios para o ano 2018 coa participación no ‘Pure Meetings & Events’
Compartir en:

A capital de Francia, París, acolleu o certame turístico especializado en turismo de negocios Pure Meetings & Events, no que participou Turismo de Galicia para promover a oferta galega deste segmento entre os operadores especializados máis importantes do mundo.

Turismo de Galicia estivo presente neste certame, organizado en formato workshop, xunto aos principais destinos do mundo que tiveron a oportunidade de mostrar a súa oferta aos axentes turísticos máis importantes do panorama internacional.

Con esta feira, Turismo de Galicia inicia o calendario anual de actividades relacionadas coa promoción do turismo de negocios segundo o que o departamento de Turismo da Xunta participará nos principais acontecementos nacionais e internacionais relativos á comercialización deste ámbito turístico.

Demanda turística francesa

Polo que respecta á demanda turística, Francia representou en 2017 o 7,5% do total dos viaxeiros internacionais que visitaron Galicia.

Deste xeito, rexistráronse 111.051 viaxeiros que fixeron nos establecementos turísticos galegos máis de 186.000 pernoitas.

Polo que respecta ao Camiño de Santiago, ao longo do ano 2017, os peregrinos franceses que recibiron a Compostela foron un total de 8.846.