Tutorial da Plataforma Afectados pola Hipoteca (PAH) para calcular o gasto da cláusula solo

Reclama e esixe que che devolvan o estafado co seu kit
Por o 09/02/2017 | Sección: Economía,PAH Vigo,Social,Vigo
Tutorial da Plataforma Afectados pola Hipoteca (PAH) para calcular o gasto da cláusula solo
Compartir en:

Desde a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) vén sacar un novo documento útil (o número 46) para saber canto che cobraron os bancos de máis, referente as cláusulas solo e así poder reclamar esta cantidade co seu kit (documento útil 45). Para que poidas facelo desde a túa casa realizaron un vídeo tutorial que explica paso a paso como poderás calcular, de forma aproximada, o que che estafou a banca coa cláusula solo desde que firmastes a túa hipoteca. Esperamos que che sexa útil!

Por unha banda:

  • Descárgate a folla de cálculo aquí.
  • Segue o tutorial de vídeo que prepararon desde a Plataforma de Afectados pola Hipoteca.
  • Descobre canto che roubou a banca.
  • Exerce os teus dereitos.
  • Achegate a tua PAH máis próxima e sigamos pelexando xuntas, xa o sabes: Si se pode!

Video