UDO World Championships contou cunha presenza Española

Publicado por o día 02/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

UDO World Championships contou cunha presenza Española

Estes días celebrouse un dos eventos mais importantes do mundo de danza urbana a UDO world Championships realizado este ano en blackpool (Inglaterra).

Este ano a escola viguesa Dance academy de Vigo novamente como o ano pasado ha podido participar nesta ocasión con varios grupos de competición en diferentes categorías tanto grupos como individual e parellas.

Desde categoría infantil atopábase ” Flowboretas”,en junior atopábase ” Yalakai” 5° posto do mundo, “We block” semifinalistas do mundo e “986 crew” campións do mundo en categoria youth,en absoluta “Grow as ohana” semifinalistas e en categoría premium “Crispy Bones” 7° posto do mundo.

En categoría individual ” Yurena” subcampioa do mundo en menores de 14 anos,” Izzan” 6° posto do mundo menores de 16 anos e “Emma” subcampioa do mundo en menores de 18 anos, tambien participaron ” Zoe” en menores de 12 anos e “Ivan” en maiores de 18 anos.

E en dúos campións do mundo en categoria maiores de 18 anos “Ncarioco e Nani” e tamén participaron en categoría de menor idade “Laura e Zoe” e “Noa e Laura”

Tamén obtivo un merecidisimo 2°segundo posto en Batallas maiores 18 anos hip hop “Lucía”

Todos os bailaríns chegaron ao evento un tanto nerviosos aínda que algúns repetirán experiencia xa que é unha competición de prestixio mundial.

Este multidinario evento concentra máis de 35 países diferentes entre eles Filipinas, Xapón, Francia, Escocia, Alemaña, tailandia, Canadá, rusia, EEUU, Australia, Emiratos árabes e por suposto Reino Unido.

O venres arrincaron as eliminatorias do Mundial en todas as categorías desde infantil a absoluta as cales se celebraron en tres escenarios diferentes na meca do baile Winter Garden.

Para ambos os equipos este foi un evento de gran enriquecemento tanto persoal como grupal xa que este evento é recoñecido en todo o ámbito do baile urbano sendo un dos máis importantes onde acoden celebridades do ámbito do Street dance e hip hop de todo o mundo.

Despois da intensa viaxe, os mozos vigueses xa están na cidade olívica orgullosos de deixar o baile urbano español entre os mellores a nivel mundial.

Este próximo día 5 de setembro serán recibidos polo alcalde de Vigo Abel Caballero.

Xa están ás portas da nova tempada e comezaran a prepararse para o campionato europeo no cal están todos clasificados e celebrarase en kalkar (Alemaña)