As Brigadas deseucaliptizadoras estréanse neste novo ano no Monte Veciñal en Man Común de Amoedo (Pazos de Borbén) o 12 de xaneiro. As zonas a deseucaliptizar están enmarcadas nunhas 30 hectáreas, aínda que as actuacións centraranse no entorno da Senda Arqueolóxica de Amoedo, que comezou a súa andaina no 2011 e que pon en valor máis de 80 petróglifos e 20 mámoas. Para a intervención da Brigada do día 12 de xaneiro é imprescindíbel estar puntualmente ás 09:30 na Casa Cultural de Amoedo, sendo necesario apuntarse ata o día 8 de xaneiro enviando un email a brigadas@verdegaia.org. Despois da comida de albaroque e se o tempo acompaña e temos guía, realizaremos un roteiro pola propia senda arqueolóxica e descubriremos o importantísimo patrimonio que acolle.
As parcelas que serán obxecto da intervención están situadas fóra dos núcleos poboacionais e caracterízanse por un terreo chan ou con desniveis suaves na súa maior parte. O estado actual das mesmas e de “semidesertificación” acusado de niveis altos de erosión en algúns puntos ou de monte raso noutros debido aos incendios de 2017, incendios que xa sufrira a mesma Comunidade no 2006. O peor destes incendios é que os eucaliptos se expanden con forza polas zonas onde antes non había ou había poucos, xa que no 2006 xa se realizara unha retirada desta especie invasora-pirófila-pirófita dos montes de Amoedo.
As zonas comprendidas entre Cepeda e Amoedo, que comprendern a bacía húmida de Valongo e As Laghoas entre os montes da Serra e o Buxel, así como as chás e outeiros dos montes do Pedroso e do Espiño, con lugares como A Matanza, A Rabadeira, Veighiña Longa, Léghoa Seca ou o Regheiriño polo norte, representan un valor arqueolóxico e natural extraordinario. Entre os elementos etnográficos destacan tamén o Foxo do Lobo no río Alvedosa, así como un grupo importante de construcións do ciclo da auga que comprenden pozas, regos, levadas, muíños, lavadoiros e fontes. Todos eles reflexo da asisada organización do complexo rural agrogandeiro galego sen solución de continuidade neste novo século.
Os promotores
Os promotores da Senda Arqueolóxica de Amoedo imos comezar ben o ano poñendo en práctica a palabra máis buscada en Galicia no 2018 na Senda Arqueoloxica de Amoedo: deseucaliptización.
Despois dos incendios de 2018, urxiu a necesidade de plantarlle cara ao peoliferación do eucalipto nos montes de Amoedo. Despois de poñermonos en contacto coa comunidade de montes e vendo que tamén estaban dispostos a súa erradicación, puxémonos en contacto con Verdegaia para proporlle a xornada anti-eucaliptos, quen aceptou a proposta.
Para participar é necesario apuntarse como brigadista deseucaliptizador antes do 10 deste mes en
http://verdegaia.org/brigadas/como-participar , para o do seguro e para saber os pratos que hai que poñer á mesa, xa que os brigadistas van poder relaxarse a xantar despois da xornada deseucaliptizadora. Tamén haberá froita a media mañá.
É recomendable traer indumentaria, calzado e guantes adecuados para deseucaliptizar. Se é posible tamen se deberia traer un machado, pero tampouco é imprescindible.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.