Última master class de Gran Vía Trend College

A temática será Los secretos dunha Youtuber e sesión vermú da man da coñecida youtuber coruñesa @isashopaholic e os Dj´s máis famosos da movida madrileña Cogombro&Crawford
Publicado por o día 17/06/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Última master class de Gran Vía Trend College

A Gran Vía de Vigo, propiedade de Lar España Real Estate Socimi e xestionado por Gentalia, pon punto e final á Gran Vía Trend College coa súa terceira e última master class gratuíta da tempada na que celebrities e influencers serán os protagonistas. “Los secretos dunha Youtuber e sesión vermú Dj” serán as dúas actividades que se celebrarán o próximo 22 de xuño a partir das 10:30 horas na cuberta axardinada.

Na primeira parte, Isabel Villanueva, máis coñecida como @Isashopaholic, contará todos os segredos sobre o fenómeno Youtube aplicado á moda e presentaranos o seu libro, ademais @lara.rro, influencer oficial da Gran Vía de Vigo, falará sobre a súa experiencia persoal coas redes sociais. Na segunda parte e como broche de ouro, os Dj´ s máis trendy do panorama nacional, Cogombro& Crawford farannos bailar nunha orixinal sesión vermú.

Gran Vía Trend College, está dirixido a clientes, estudantes das Escolas de Deseño e Moda, a mozas influencers ou a profesionais aos que lles interese recibir unha formació complementaria grazas a expertos/ as no sector. Aforo limitado.

NOVIDADES TERCEIRA MASTER CLASS:

Como novidade, regalaremos catro tarxetas regalo de 50€ para compras na Gran Vía de Vigo entre os asistentes.

As inscricións permanecen abertas para esta terceira e última master class a través da web da Gran Vía de Vigo, escribindo un email ao correo electrónico comunicació[email protected], de maneira presencial no Punto de Atención ao Cliente, Planta 0 ou a través de Ticketea.