Última semana para inscribirse no programa “ENREDOS DE VERÁN” do Concello de Cangas

O Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza por segundo ano o programa ENREDOS DE VERÁN 2017
Publicado por o día 10/05/2017 na sección de Cangas,Educación,Eventos,Galicia,Vigo

Última semana para inscribirse no programa “ENREDOS DE VERÁN” do Concello de Cangas

O Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza por segundo ano o programa ENREDOS DE VERÁN 2017, que ten coma obxectivos principais:

– Fomentar a igualdade de oportunidade – Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas.

– Potenciar un modelo de sustentabilidade social. – Promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.

– Xerar unha rede de servizos sociocomunitarios diversos e flexibles.

– Desenvolver actividades para nenos e nenas fóra do horario escolar, en períodos de vacacións, tendo en conta a perspectiva de xénero.

As inscricións ao programa e a solicitude da axuda para unidades familiares que non poidan afrontar o custo das actividades rematarán este venres 12 de maio. Para máis información e inscrición diríxase á Casa da Xuventude, Rúa Real 29, ou chame ao teléfono: 986392171.

Todo o relacionado coas axudas tramitarase no Centro Municipal de Benestar Social, Rúa Andalucía, 3 Baixo – Edificio Xoia ou no teléfono: 986 392 266/67. O programa Enredos de Verán, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos (grupo de 3-6 anos, grupo de 7-10 anos e grupo de 11-12anos), desenvolverase do 26 de xuño a 25 de agosto en diferentes quendas: dous días (martes e xoves), tres días (luns, mércores e venres), semana, quincena ou mensual. O horario das actividades será de 9:00 a 14:00 horas e o horario do comedor 14:00 a 16:00 horas.

Actividades a desenvolver: talleres, xogos cooperativos, dinámicas de grupo, actividades náuticas (só quenda quincenal) e comedor.

Lugares onde se levará a cabo o programa:

– CEIP Nazaret/IES Rodeira.
– Colexio Sagrada Familia//CEIP Espiñeira-Aldán
O prezo varía entre:
– Actividades de mañá: 5 €/día
– Actividades de mañá + comedor: 9 €/día