#UltimaHora do incendio forestal no municipio ourensán de Maside, parroquia de Garabás

Por o 10/08/2017 | Sección: Galicia,Medio Ambiente,Ourense,Sucesos
#UltimaHora do incendio forestal no municipio ourensán de Maside, parroquia de Garabás

Desde diversos puntos da comarca do Carballiño e mesmo desde a capital ourensá é perfectamente visible un incendio que nos datos recadados ás 17:14 xa queimou máis de 38 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 4 axentes, 20 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 4 avións, informou a Consellería do Medio Rural.

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio comezou ás 13,26 h. deste mediodía e o intenso vento está a dificultar a extinción.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha
Nado en Vigo hai 34 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.