O acordo do Grupo Parlamentar de En Marea no caso Paula Quinteiro

Por o 26/03/2018 | Sección: En Marea,Política
O acordo do Grupo Parlamentar de En Marea no caso Paula Quinteiro
Compartir en:

O Grupo Parlamentar de En Marea adoptou o seguinte acordo por maioría.

1. A situación en que se viu envolta Paula Quinteiro  por uns feitos polos que xa deu explicacións tanto ao Grupo Parlamentar  como publicamente foi instrumentalizado polo PP para atacala persoalmente e ao grupo parlamentar.

2. Tal e como se produciu, a opinión expresada polo Consello das Mareas é unha declaración política que non ten consecuencias directas, porque para que iso fose así deberíase seguir o procedemento regulado.

3. En base a este punto Paula Quinteiro vai demandar a apertura dun expediente informativo no que se informe de todos os elementos que concorren no caso, demanda que conta co apoio do GP de EM.

4. Con independencia do resultado deste procedemento, o Grupo Parlamentar  considera que Paula Quinteiro debe seguir desenvolvendo as súas funcións como Parlamentaria de En Marea, tal como xa afirmou en anteriores ocasións o Grupo Parlamentario.