Últimas noticias sobre a ampliación da AP-9

No pleno do pasado xoves 30 de novembro de 2017 Javier Bas organizou unha “autocomparecencia”, que pretendía levar a cabo sen réplicas, nin preguntas, nin intervencións de ningún tipo por parte da oposición.
Publicado por o día 07/12/2017 na sección de AER,Política

Últimas noticias sobre a ampliación da AP-9

Crónica de AER

No pleno do pasado xoves 30 de novembro de 2017 Javier Bas organizou unha “autocomparecencia”, que pretendía levar a cabo sen réplicas, nin preguntas, nin intervencións de ningún tipo por parte da oposición.

Como precedente, na xunta de voceiros do martes 28, comunicou aos grupos da oposición que a comparecencia, a petición do PP, era para “informar”. Os grupos presentes recordámoslle que existen foros de información e debate como son, por exemplo: a comisión de seguimento das obras da AP-9, os consellos parroquiais, a comisión informativa de Urbanismo… ou a mesma xunta de voceiros na que se NEGOU A FACILITAR DATO ALGÚN SOBRE A INFORMACIÓN QUE ÍA TRANSMITIR na comparecencia no pleno. Taménse lle preguntou se había algún compromiso asinado e a súa resposta foi negativa.

CONCLUSIÓNS SACADAS DESPOIS DA COMPARECENCIA NO PLENO:

– O Colexio de Infantil e Primaria “Igrexa” de Chapela está moi ben protexido por uns muros novos e non hai perigo. O traslado será… cando se poida. Mentres tanto temos unhas aulas prefabricadas que están moi ben e que teñen [email protected] a [email protected] Ou sexa, imos abrir o terceiro carril porque está todo moi ben preparado e non haberá que encadearse para impedilo.

– Presenta un “borrador” de suxestións para proxectos que se están a estudar en Fomento. Basicamente son melloras da ponte que conecta Trasmañó con Chapela e, “non desmontar” a ponte que fixeron sobre a vía do tren para acceder ás obras de ampliación da ponte de Rande (que veremos como queda, porque está aberta á negociación con ADIF).

– “Pode que” se suprima a peaxe en Rande, aínda que non se sabe quen lle pagará a AUDASA, porque, segundo dixo, vai ser coma a “gratuidade do Morrazo”. O usuario non paga directamente
pero AUDASA recibe a súa cota de beneficios. AUDASA COBRA.

– Mellorouse a seguridade dos noiros. ¡Grazas! Moitas grazas por facer noiros con menos risco de derrubo. Noiros feitos fóra do proxecto, sen ningún tipo de exposición pública e moito menos con
estudo de impacto ambiental das augas de escorrentía que produce este novo aterramento.

– Estase a solicitar que se repoñan as desfeitas nas vías e demais infraestruturas afectadas. Xa se farán os proxectos. GRAZAS.

– O antigo colexio vai desaparecer e van facer outro novo para… “o antes que se poida”. GRAZAS.

E así foi louvando o labor do equipo de goberno municipal e da Asociación de Afectados pola AP-9. Os demais colectivos non contan, nin pensan contar con eles porque non se adquiriu compromiso algún de convocar a Comisión de Seguimento, nin o Consello Parroquial, nin a Comisión de Urbanismo.

SUMAR E NON RESTAR

O alcalde valora en sete millóns de euros o que “pode que se consiga” como contraprestacións á desfeita executada sobre unha poboación xa afectada suficientemente pola propia autoestrada, polas vías do tren, pola ocupación de gran parte do seu litoral e por un desenvolvemento urbanístico caótico.

Pero o alcalde parece non saber restar. Informou como se eses “posibles” orzamentos viñesen gratuitamente, no caso de que veñan. Pero non hai tal. Debemos empezar a restar, a poñer en valor o que se perdeu, a valorar en millóns as perdas e as afeccións que van permanecer sobre Chapela nas vindeiras décadas. A desfeita dos viais, de espazos de lecer, da vida de moitos veciños/as, do patrimonio etnolóxico, mesmo do valor do solo que agora vai quedar afectado. E de algo moi intanxible pero real, como é a mobilidade interna da parroquia, as relacións sociais… a vida
mesma. Sen deixar de mencionar os ruídos por traballos nocturnos prohibidos pero consentidos (non puideron mandar á Policía Local a formarse nesta materia por falta de efectivos, pois Redondela quedaría en perigo mentres os axentes ían formarse), ou centros educativos convivindo con índices de ruído que superaron con creces o tolerable para o desenvolvemento da función educativa.

Estamos gañando algo? Que se fixo durante este tempo máis alá de consentir? Seguramente se estivo traballando neste borrador de peticións pendentes de trasladarse a proxectos que se trasladarán a Fomento para que cheguen a incluírse nuns orzamentos do Estado que pode que algún día se executen.

O PASO DO TEMPO: TRES ANOS EN OBRAS. PARTICIPACIÓN E TRANSPARENCIA!