Xa non queda nada! O vindeiro domingo 18 de xuño a III Marcha sobre rodas, organizada por, ASPACE Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral e/o Patoloxías Afíns) e APAMP percorrerá as rúas de Vigo, dende as 12:00 horas.
Na marcha poderán participar bicicletas, triciclos, patíns, patinetes, cadeiras de bebés, cadeiras de rodas, así como persoas a pé que poidan ser acompañantes ou non das persoas con discapacidade.
A participación está aberta a nenos/as, mozos/as e adultos/as de todas as idades e condicións físicas.
A inscripción na marcha é GRATUITA e da dereito a recibir unha mochila, unha camiseta, participar na comida popular que realizaremos ao final da Marcha e a participar no sorteo de numerosos regalos e premios.
O prazo de inscripción remata o xoves 15 de xuño. Ás persoas que se inscriban despois desta data non teñen garantida a recepción dos regalos, anteriormente reseñados.
Inscribete aquí