Últimos días para inscribirse na terceira edición do Premio Peme do Ano 2019 de Pontevedra que convocan Banco Santander e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

Ademais do Premio Peme do Ano outorgaranse catro accésits: Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego e Empresa Responsable
Publicado por o día 13/05/2019 na sección de Empresas,Galicia,Vigo

Últimos días para inscribirse na terceira edición do Premio Peme do Ano 2019 de Pontevedra que convocan Banco Santander e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

O vindeiro venres, 17 de maio, finaliza o prazo de inscrición para o Premio Peme do Ano de Pontevedra, un galardón que nesta terceira edición convocan a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e o Banco Santander co obxectivo de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián. O premio conta coa colaboración do diario O Faro de Vigo.

Ademais do premio á Peme do Ano, o xurado poderá conceder catro accésits nas categorías de Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego e Empresa Responsable. Este último inclúese como novidade nesta terceira edición para premiar proxectos empresariais socialmente responsables. A Peme do Ano de Pontevedra concorrerá ao Premio Nacional Peme do Ano 2019, que se fallará no primeiro trimestre de 2020. Da mesma maneira, os gañadores de accésits provinciais serán candidatos na súa categoría aos Accésits Nacionais de Internacionalización,

Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego e Empresa Responsable.

Poderán presentar a súa candidatura a este premio todas as pequenas e medianas empresas de menos de 250 empregados, cunha facturación anual inferior aos 50 millóns de euros no exercicio 2018 e con sede social na provincia de Pontevedra.

Coa colaboración de

As empresas interesadas poden consultar as bases publicadas na web da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Tamén a través da páxina web poderán cumprimentar o formulario de inscrición ata o próximo 17 de maio.

O xurado -composto por un representante da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, que actuará de presidente, un representante da Delegación Territorial do Banco Santander, un representante institucional e un representante do diario Faro de Vigo- valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, as accións de formación para os seus empregados, a actividade internacional, as iniciativas de innovación e dixitalización e a inclusión de proxectos socialmente responsables na estratexia da empresa durante 2018.

Premio Peme do Ano 2018

Na pasada convocatoria, a empresa ECOFOREST foi elixida Premio Peme do Ano 2018 de Pontevedra. O accésit de Internacionalización foi para Areoso Island S.L.; o de Innovación e Dixitalización para Xesol Innovation, e o de Formación e Emprego para Enerxía, Innovación e Desenvolvemento Fotovoltaico S.L.

Comentar noticia

Your email address will not be published.