Só un 7.45 % dos pisos en aluguer en Galicia baixan os seus prezos

Publicado por o día 04/12/2013 na sección de Vigo

Só un 7.45 % dos pisos en aluguer en Galicia baixan os seus prezos

 Só un 6,45% das vivendas en aluguer en España baixaron os seus prezos durante o pasado mes de novembro e fixérono cun desconto medio do 8,70%, que equivale a 53,92 euros ao mes. Así o apunta a análise das máis de 200.000 vivendas anunciadas en Enalquiler.com, onde Cataluña é a comunidade autónoma onde hai máis vivendas que baixaron os seus prezos (12,59%), seguida de Aragón (10%), Madrid (9,55%) e Navarra (8,70%). No outro extremo están Castela e León (3,43%),Extremadura (3,67%) e Melilla (3,90%). En Galicia sitúase en 7.45%.

 Malia que a porcentaxe de pisos que rebaixaron os seus prezos (6,45%) o mes pasado é moi pequeno tendo en conta o ambiente económico do país, caseiros e inmobiliarias parecen abertos a negociar a renda mensual co futuro inquilino unha vez visítase o piso e acordan as condicións do aluguer.

 Así o apunta un recente estudo de Enalquiler.com no que o 54% dos inquilinos enquisados afirmou que conseguiron unha rebaixa sobre o prezo orixinal. A media de rebaixa roldaba o 11%.

 Neste mesmo estudo apúntase unha tendencia alcista a vivir de aluguer. O 52% dos inquilinos consideran o arrendamento como unha forma de vida. “Non quero comprar“, responde a maioría. Cinco anos antes a tendencia era a inversa. En 2008, case o 66% dos enquisados aseguraban que o aluguer só era unha alternativa temporal ata que puidesen acceder á compra unicamente o 34% o valoraban como unha boa opción a longo prazo.