Un accidente entre dous vehículos sáldase cunha muller falecida e dúas persoas trasladadas en Carballedo

Publicado por o día 24/03/2019 na sección de Sucesos

Un accidente entre dous vehículos sáldase cunha muller falecida e dúas persoas trasladadas en Carballedo

Unha muller faleceu, e outras dúas persoas resultaron feridas de diversa consideración, ao producirse unha colisión entre dous coches na localidade lucense de A Barrela, en Carballedo.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 19:20 horas. Foron os efectivos dos servizos sanitarios quen contactaron co CIAE para solicitar axuda para os implicados nun sinistro na parroquia de Santiago de Lousada. Segundo a información facilitada, os ocupantes dun dos vehículos encontrábanse inconscientes  e, para acceder a eles era necesaria a realización das labores de excarceración.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, puxeron en marcha un dispositivo que contou coa intervención dos Bombeiros de Chantada, coa Garda Civil de Tráfico e cos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, debido á gravidade das lesións dunha das persoas implicadas, mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Desafortunadamente, os servizos sanitarios só puideron certificar o falecemento da muller.

Os outros dous implicados no sinistro foron trasladados en ambulancia ao Hospital de Ourense. Un deles tras ser liberado polos membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.