Un accidente entre tres motos deixa a dúas persoas feridas en Lobios

Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Sucesos

Un accidente entre tres motos deixa a dúas persoas feridas en Lobios

Dúas persoas foron evacuadas, unha delas en helicóptero medicalizado, despois de sufrir un accidente mentres pilotaban as súas motocicletas ao paso pola OU-540, á altura do punto quilométrico 67, en Lobios. Segundo puido saber o 112 Galicia, o piloto do outro vehículo resultou ileso.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tivo constancia dos feitos ás 12:45 horas, ao recibir a chamada de varios particulares, que solicitaban axuda para dous motoristas feridos.

Debido á gravidade das lesións, un deles foi evacuado polo persoal sanitario na aeronave con base en Ourense, e o outro puido ser trasladado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do CIAE tamén solicitaron a colaboración do GES de Lobios, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento das estradas.