Un accidente entre tres vehículos e unha moto deixa dúas persoas feridas en Santiago

Publicado por o día 21/07/2020 na sección de Sucesos

Un accidente entre tres vehículos e unha moto deixa dúas persoas feridas en Santiago

Un total de tres turismos e unha moto colidiron a pasada tarde en Santiago e dúas persoas tiveron que ser trasladadas, unha delas, o motorista, resultou ferido de consideración.

Todo ocorreu sobre as 20:30 horas. Foi a esa hora cando un particular alertou ao 112 Galicia dun accidente con varios vehículos implicados. Aseguraba que  non había persoas atrapadas pero si vía a unha persoa tendida no chan.

Nese intre, o 112 Galicia tamén recibía a chamada do persoal sanitario, que comunicaba que unha UVI móbil se desprazaba cara Santa Marta, á altura do Lidl. Indicaban que un motorista se atopaba inconsciente.

Con estes datos, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros da cidade e solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local.

Finalmente, os axentes confirmaron o traslado de dúas persoas feridas polo persoal sanitario.

Comentar noticia

Your email address will not be published.