Un accidente múltiple deixa dous feridos leves en Santiago

Publicado por o día 03/12/2018 na sección de Sucesos

Un choque por alcance entre catro turismos deixou esta mañá dúas persoas feridas en Santiago.

Ao fío das 09:00 horas, unha particular informaba ao 112 Galicia dun accidente múltiple na AG-56, no punto quilométrico 1, en Conxo, no concello de Santiago de Compostela. Tamén, a esa mesma hora, un dos implicados solicitaba asistencia sanitaria para unha muller que se atopaba mal a causa do impacto.

Con estes datos, os xestores do 112 axiña pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias. Do mesmo xeito, informaron aos axentes de Tráfico, Policía Local,Bombeiros da cidade, efectivos de Protección Civil e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Unha vez no lugar dos feitos, os axentes de Tráfico confirmaron que finalmente foron dúas as persoas que resultaran feridas, aínda que o seu estado non parecía revestir gravidade.

Un ferido no Grove

No concello do Grove, unha persoa resultou ferida de carácter leve despois de colidir tres turismos que circulaban pola Rúa de Luis Antonio Mestre.

Tras recibir a chamada de  alerta, sobre as 11:00 horas desta mañá,  o 112 Galicia  pasou aviso  ao 061-Urxencias Sanitarias. Ademais, informou da situación  á Policía Local e aos membros do Servizo de Emerxencias de Protección Civil da localidade.