Un adiantamento foi a causa pola cal un camión colidiu contra dous turismos en Culleredo

Publicado por o día 24/07/2020 na sección de Sucesos

Un adiantamento foi a causa pola cal un camión colidiu contra dous turismos en Culleredo

Un adiantamento entre dous vehículos provocou que un camión se vise implicado no accidente. Ademais, un dos ocupantes dun dos turismos precisou asistencia sanitaria.

Todo ocorreu ás 07:45 horas desta mañá cando, a esa hora, o mesmo camioneiro chamou ao 112 Galicia para indicar que acababa de colidir co seu camión contra outros dous turismos, na AP-9, no punto quilométrico 7, ao seu paso polo concello coruñés de Culleredo.

Ata o lugar desprazáronse axiña os servizos sanitarios de urxencia, que confirmaron o trasladado da persoa ferida a un centro hospitalario da cidade. Así mesmo, nada mais recibir a chamada do alertante, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos Bombeiros de Betanzos, así como, tamén informou ao persoal do servizo da Autoestrada.

Finalmente, os axentes de Tráfico comunicaron aos xestores do 112 que, tras ser evacuado o ferido, o camión –de gas butano pero baleiro nese momento- puido continuar o seu itinerario.

Comentar noticia

Your email address will not be published.