Os servizos sanitarios trasladaron esta madrugada a un adulto e dous menores que presentaban síntomas de intoxicación por inhalación de gas.
Tras facer algunhas averiguacións, os axentes da Policía Nacional apuntan á posta en funcionamento dunha cociña de leña que levaba tempo en desuso como a orixe da fuga.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse no lugar de Bóveda, en Lugo, pouco antes das cinco desta madrugada. Nese momento, unha UVI do 061-Urxencias Sanitarias acudiu ao número dous do núcleo de Bóveda, en Farxocos, para atender a un pai e dous cativos mareados e con diversos síntomas dunha posible intoxicación.
Desde o 112, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Lugo e dos axentes da Policía Nacional, que comprobaron que a vivenda estaba debidamente ventilada e sen risco. Iso si, sinalaron a cociña de leña, que tras a súa nova puesta en funcionamento, puido causar a fuga.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.