Un ano máis FOANPAS en contra das avaliacións coñecidas como reválidas

Publicado por o día 28/05/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

Un ano máis FOANPAS en contra das avaliacións coñecidas como reválidas

Hoxe martes 28 e mañá mércores 29 nos centros educativos estanse a realizar as avaliacións finais, coñecidas como reválidas, de 3º de educación primaria (en todos os centros) e de 6º de primaria e 4º de ESO nos centros elixidos mostralmente.

Un curso máis, FOANPAS rexeita estas probas porque non consideran a educación como un proceso no que hai que considerar as circunstancias persoais, socioeconómicas, as capacidades e actitudes do alumnado; porque se limitan a avaliar o ámbito lingüístico e matemático; porque desprezan a avaliación continua e a opinión do equipo docente; porque subestiman e desconfían do traballo do profesorado; porque pretenden ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá aos sectores máis desfavorecidos; porque son un gasto innecesario, entre outras razón.

Como alternativa educativa a estas dúas xornadas de probas, dende FOANPAS xestionan unha visita didáctica ao Museo Liste e outra ao zoo de Vigo para os nenos e as nenas que non asistan aos colexios a realizar as probas.

Ao longo do día estaran recibindo información sobre a participación nas reválidas e que trasladaremos tan pronto teñamos datos concretos.