Un bombeiro resulta ferido mentres traballaba en Rábade

Publicado por o día 18/07/2020 na sección de Sucesos

Un bombeiro resulta ferido mentres traballaba en Rábade

Un bombeiro foi evacuado polos servizos sanitarios a pasada noite despois de sufrir un accidente mentres traballaba no Polígono Industrial de Rábade.

Ao fío das 21:30 horas, unha chamada dos Bombeiros de Vilalba informaba aos xestores do 112 Galicia do incidente. Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil e Local.

O bombeiro foi atendido polos profesionais sanitarios e trasladado en ambulancia ata un centro hospitalario.

Atropelo en Ponteareas

Por outra banda, tamén a pasada noite, pasados uns minutos das 22:15 horas, o 112 Galicia era informado dun atropelo a unha rapaza, no Paseo de Matutino, á altura do número 23, en Ponteareas.

Segundo a chamada de alerta de varios particulares ao 112 Galicia, a menor precisaba asistencia sanitaria urxente despois de ser alcanzada por un turismo.

Nada mais recibir o aviso, o 112 Galicia informou aos profesionais sanitarios, á Policía Local, aos GES-SPEIS de Ponteareas e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.