Un camioneiro resultou ferido ao envorcar o vehículo que conducía por Carballeda de Valdeorras

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Sucesos

Un camioneiro resultou ferido ao envorcar o vehículo que conducía por Carballeda de Valdeorras

Un camioneiro resultou ferido esta tarde ao envorcar o vehículo que conducía por Carballeda de Valdeorras.

Ao lugar dos feitos acudiu un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Ourense, malia que o condutor foi quen de saír polos seus propios medios do camión.

Con todo, desde o 112 Galicia, avisouse aos bombeiros e membros do GES de Valdeorras co fin de comprobar o estado do camioneiro e prestar axuda para a súa liberación en caso necesario. Sen embargo, á súa chegada o home lograra saír xa do camión e estaba a ser atendido polo equipo médico que se desprazou ao lugar do sinistro en helicóptero.

Cómpre sinalar que foi unha persoa particular quen pouco antes da unha da tarde contactou co 112 para pedir axuda para este conductor, que permanecía atrapado no interior dun camión envorcado. A partir de aí, activouse un operativo que completaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.