Un cento de maiores participa na excursión do Concello de Nigrán a Pontevedra

Os asistentes visitaron a sede da Deputación, percorreron o casco vello da cidade e desfrutaron dunha comida-baile en Redondela.
Por o 19/04/2018 | Sección: Galicia,Nigrán
Un cento de maiores participa na excursión do Concello de Nigrán a Pontevedra

Un cento de maiores participa hoxe na excursión a Pontevedra organizada polo Concello de Nigrán dentro do seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade. Oa asistentes saíron en autobús ás 9:00 horas dende o Concello para primeiro visitar á sede da Deputación de Pontevedra e posteriormente percorrer o casco vello desta cidade nunha ruta guiada, trasladándose a continuación á Redondela para unha comida-baile no Restaurante Casas.

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar “non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención”.

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, “porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.