Un veciño de Valladares atópase cun cepo na súa leira

Publicado por o día 22/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un veciño de Valladares atópase cun cepo na súa leira

Na tarde do pasado día veneres ás 17:10 horas, recibiuse unha chamada telefónica na Sala Operativa do 092 da Policía Local de Vigo informando sobre un elemento atopado nunha leira, na zona de Valladares.

Todo indica que F. P. R, natural de Vigo e de 40 anos de idade, iniciou a limpeza dun terreo da súa propiedade, cando se atopou un CEPO preparado para a captura de animais (presumiblemente jabalíes).

Ao lugar desprazáronse membros da UMIR, que comprobaron que o citado elemento estaba suxeito a unha árbore mediante unha cadea e un cadeado, oculto entre a maleza e con cebo para lograr unha maior efectividade.

Os Axentes procederon a realizar labores de retirada, quedando depositado en dependencias policiais ao obxecto da realización de indagacións tendentes á identificación da persoa responsable da colocación da trampa.