Un choque entre un camión e unha moto sáldase cun ferido en Vilar de Santos

Publicado por o día 05/10/2018 na sección de Sucesos

Un choque entre un camión e unha moto sáldase cun ferido en Vilar de Santos

Un motorista resultou ferido este mediodía despois de colidir a moto que conducía contra un camión ao paso do concello ourensán de Vilar de Santos.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 12:30 horas, na Rúa Celanova deste mesmo concello. Alí desprazouse un equipo médico do 061. Foi  mobilizado, ademais,  o helicóptero medicalizado con base en Ourense, dispoñible no punto por si fose precisa a súa intervención.

Os Bombeiros de Xinzo e os axentes de Tráfico tamén se achegaron ao lugar, nada mais ser alertados polo 112 Galicia.