Un choque entre unha moto e un turismo deixa un falecido en Dumbría

Publicado por o día 09/08/2020 na sección de Galicia,Sucesos

Un choque entre unha moto e un turismo deixa un falecido en Dumbría

Un motorista perdeu a vida este mediodía despois de colidir o vehículo que conducía contra un turismo na AC-422, ao seu paso por Farrapada, no concello coruñés de Dumbría.

O choque produciuse sobre as 14:00 horas, na estrada que enlaza Negreira con Berdeogas, sentido Fisterra, así o indicaba o particular que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

Tras recibir o aviso, os profesionais do 112 Galicia alertaron aos servizos sanitarios de urxencia que, debido á gravidade das lesións, optaron por mobilizar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago para atender ao ferido.

Desafortunadamente, pese aos esforzos dos profesionais sanitarios, tan só se puido confirmar o falecemento do motorista.

Deste xeito, para garantir as condicións de seguridade na vía e prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 tamén avisouse aos Bombeiros de Cee, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía.

Comentar noticia

Your email address will not be published.