Un choque frontal entre dous vehículos deixa catro persoas feridas en Mazaricos

Publicado por o día 29/09/2018 na sección de Sucesos

Catro persoas resultaron feridas despois de colidir frontalmente dous turismos.

O accidente ocorreu, ao fío das 15:00horas desta tarde,  á altura do Centro de Saúde do concello coruñés de Mazaricos, no lugar da Picota.

Tras recibir o aviso do persoal do 061-Urxencias Sanitarias, os xestores do 112 Galicia puxeron en alerta aos Bombeiros de Santa Comba, que de contado se desprazaron ao punto. Ademais, informaron da situación aos axentes de Tráfico, ao GES de Muros e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez evacuados os feridos en dúas ambulancias do 061, os Bombeiros procederon coas tarefas de limpeza de la vía.