Un choque frontal entre dúas motos deixa aos dous motoristas feridos en Celanova

Publicado por o día 08/05/2020 na sección de Sucesos

Un choque frontal entre dúas motos deixa aos dous motoristas feridos en Celanova

Dous motoristas resultaron feridos de consideración tras chocar frontalmente as dúas motos que conducían ao seu paso por Rabal, en Celanova (Ourense).

Ao fío das 20:00 horas de onte, un particular informaba ao 112 Galicia dun accidente grave. Indicaba que dúas motos colidiran  frontalmente no monte do pobo de San Pedro de Amedo  e que os motoristas necesitaban asistencia inmediata.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tras valorar a situación, comunicaron a saída cara o punto do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Ademais do persoal sanitario, tamén foron informados os Bombeiros de Celanova, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade, que confirmaron o traslado dos dous motoristas, un deles na aeronave.

Muller ferida en Vilar de Barrio

Por outra banda,  tamén unha muller resultou ferida ao saírse da vía co vehículo que conducía e precipitarse por un terraplén, cando circulaba pola estrada que une Vilar de Barrio e Prado, no concello de Vilar de Barrio (Ourense).

Foi a mesma implicada quen, sobre as 23:30 horas da pasada noite, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicou que caera cara o río, que ela puidera saír do turismo pero que necesitaba asistencia sanitaria.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén informaron á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Xinzo e aos efectivos de Protección Civil, que decontado se desprazaron ao punto.

Unha vez no lugar dos feitos,  os efectivos de Protección Civil sinalaron que a muller fora trasladada en ambulancia polo persoal sanitario e que a parte de atrás do coche quedara somerxida no río.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.