Un choque na A-55 deixa dúas persoas feridas en Mos

Publicado por o día 19/11/2018 na sección de Galicia,Mos,Sucesos

Un choque na A-55 deixa dúas persoas feridas en Mos

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá despois de producirse un accidente con tres vehículos implicados ao seu paso pola A-55, á altura da saída 13, dirección Porriño, no concello de Mos.

Ao fío das 07:00 horas, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun choque na Autovía.  Ao mesmo tempo, un dos implicados solicitaba asistencia sanitaria, aseguraba atoparse mal.

Foi, a partir dese momento cando dende o 112 se alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes de Tráfico e aos efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, que tras chegar ao lugar, confirmaron que os dous feridos foran trasladados en ambulancia ao centro hospitalario Fátima de Vigo.