Un ciclista, ferido grave a causa dun accidente en Nigrán

Publicado por o día 03/10/2018 na sección de Galicia,Nigrán,Sucesos

Un ciclista, ferido grave a causa dun accidente en Nigrán

Un ciclista resultou ferido de gravidade tras ser alcanzado por un camión cando circulaba pola Avenida de Val Miñor, en Nigrán.

O 112 Galicia recibiu a alerta ás 11:20 horas e, decontado, informou aos membros do GES do Val Miñor e aos axentes da Policía Local. Pola súa banda, os profesionais sanitarios xa estaban enviando unha dotación ao punto para a atención do ciclista que, segundo os servizos de emerxencias alí desprazados, presentaba lesións de carácter grave. Finalmente, foi evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de refencia.

Con respecto ao condutor do camión, resultou ileso e a carga do vehículo, que transportana gasóleo, intacta.