Un ciclista padece diversas contusións despois de ser alcanzado por un turismo en Ribadavia

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a un ciclista que foi alcanzado por un vehículo na Quinza, en Ribadavia.

Como consecuencia do impacto, o ferido perdeu a consciencia e apenas podía moverse. Así o indicaron as persoas particulares que ás 8:30 horas de hoxe contactaron co 112 Galicia para dar conta da situación. Cara ao lugar xa se dirixía unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para ofrecer os primeiros coidados ao ciclista e evacualo ao centro hospitalario de referencia debido ás diversas contusións que presentaba.

Neste operativo tamén participaron os membros do GES da localidade, así como os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario