Un ciclista resulta ferido despois de caer da bicicleta na que circulaba no Rosal, en Pontevedra

Publicado por o día 21/06/2020 na sección de Sucesos

Un ciclista resulta ferido despois de caer da bicicleta na que circulaba no Rosal, en Pontevedra

Un ciclista resultou ferido esta mañá ao caer da súa bicicleta cando circulaba pola PO-552. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos sanitarios mobilizaron ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense para prestarlle asistencia.

O accidente ocorreu no concello pontevedrés do Rosal, ao fío das 11:30 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do sucedido ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.

Para prestar apoio ao equipo médico e garantir as condicións de seguridade na vía, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Porriño, dos membros do GES da Guarda, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos membros de Protección Civil da localidade e tamén do servizo de mantemento da vía.

Comentar noticia

Your email address will not be published.