Un operativo coordinado entre bombeiros e servizos sanitarios de urxencia permite evacuar a un ciclista que sufriu unha caída nunha zona de monte, en Boiro.
Ocorreu minutos antes das once desta mañá, tal e como indicou o compañeiro do deportista ferido mediante unha chamada de urxencia ao 112 Galicia.
Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos Bombeiros de Boiro e aos membros do Servizo Local de Protección Civil debido a dificultade para acceder ao ferido, que presentaba unha importante lesión nun nocello.
Deste xeito, unha acción coordinada entre efectivos de salvamento e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 puideron acceder ao ciclista ferido e trasladalo ao punto no que agardaba unha ambulancia, preparada para a súa evacuación.
Neste operativo tamén se contou coa colaboración dos axentes da Garda Civil.
Noticias de última hora en Vigo