Un clásico das letras españolas na Temporada de Teatro de Afundación con Cinco horas con Mario

Esta obra poderase ver mañá mércores 8 de maio no Teatro Afundación de Vigo e o día 10 na Sede Afundación de Pontevedra
Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

Un clásico das letras españolas na Temporada de Teatro de Afundación con Cinco horas con Mario

Continúan as representacións incluídas na Tempada de Teatro de Afundación, a Obra Social de ABANCA. A seguinte produción en saír á escena será Cinco horas con Mario, versión realizada a partir da novela homónima de Miguel Delibes e con interpretación de Lola Herrera. Esta obra poderase ver mañá mércores 8 de maio, ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo, e o 10 de maio á mesma hora na Sede Afundación de Pontevedra.

As entradas están dispoñibles en la web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.

A OBRA CINCO HORAS CON MARIO

Estamos en marzo de 1966. Carmen Sotillo acaba de perder o seu marido Mario de forma inesperada. Unha vez que as visitas e a familia se retiran, ela soa vela durante a última noite o cadáver do seu marido e inicia con el un monólogo–diálogo no que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matrimonio. Cunha forma entrecortada, detallista ao mínimo, reiterativa e chea de tópicos, Carmen Sotillo di cousas, manifesta sentimentos e emite xuízos que a moitas persoas hoxe lles poden parecer incribles. Mais damos fe de que esa linguaxe existía, de que eses xuízos se emitían, de que esas cousas de Carmen estaban na vida de todos os días.

Cinco horas con Mario é, entre outras moitas cousas, un documento vivo deses anos. Das preocupacións económicas, relixiosas, políticas, sexuais e morais entón imperantes que Delibes, a través da linguaxe do seu protagonista, deixou retratadas con nitidez, de forma que a vida española de entón chega a latexar viva nas súas palabras. Pero, por enriba de todo isto, Cinco horas con Mario fálanos dos asuntos eternos do ser humano: da culpa, da soidade, da incomunicación, do sentido da vida. Como sempre en Delibes, partindo dun localismo concreto, encarna nos seus personaxes e nos seus conflitos as realidades máis profundas e complexas que condicionan a nosa vida.