Un cliente dun taxi agride a un axente da Policía Local

Publicado por o día 29/07/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un cliente dun taxi agride a un axente da Policía Local

Na madrugada do pasado domingo, ás 00:20 horas unha patrulla da Policía Local de Vigo realizando servizo de xestión e filtro de accesos do tráfico na zona de Castrelos con motivo dun concerto no auditorio, observaron a un taxi que parou á súa altura indicándolles o condutor que tiña problemas co pasaxeiro.

Os axentes comprobaron que o pasaxeiro do autotaxi non facía uso do obrigatorio cinto de seguridade, solicitándolle a súa documentación persoal para cursar a correspondente denuncia administrativa, facilitando os citado datos moi concisos de palabra.

Solicitóuselle para ese efecto que facilitase algún documento que lle identificase, comezando a increpar aos axentes de forma inxustificada, manifestando que non ía facilitar dato algún, e que os que xa dera eran falsos.

É informado neste punto que o seu insistente negativa, validaría o seu traslado a dependencias Policiais en virtude ao texto L.O. 4/2015 do 30 de marzo, momento en que se apeou do taxi e golpeou a un dos Axentes, á vez que realizaba comentarios de carácter obsceno.

En atención a esta actitude e co fin de evitar unha nova agresión trataron de inmobilizalo, momento en que se tirou ao chan e comezou a proferir insultos contra a patrulla. Ao non levantarse e tras mostrar varias úlceras no seu abdome das que supuraba unha mestura líquida entre sangue e pus, procederon a requirir a presenza dunha ambulancia do 061.

O médico que acompaña á ambulancia, comprobando que o citado non colabora nos intentos de exploración do seu estado, solicitou que se inmobilizase ao paciente mediante uso dos grilletes regulamentarios, tras o cal trasladóuselle ao Hospital Povisa, desde onde se lle derivou ao HAC quedando ingresado no Box de contención tras ser asistido polo médico de garda.

O citado resultou ser J. L. G. T, nacido en Coruña de 65 anos de idade, confeccionáronse dilixencias para traslado o xulgado de garda polos feitos relatados.