Un coche é pasto das chamas na rúa Puerto Rico de de Vigo

Publicado por o día 01/05/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un coche é pasto das chamas na rúa Puerto Rico de de Vigo

Na tarde do martes, sobre as 17:40 horas, unha Patrulla da Policía Local de Vigo observou saír fume dun vehículo na rúa Puerto Rico.

Os axentes solicitaron o apoio dunha unidade de bombeiros (que resulto ser a primeira saída do parque de Teis, composta por 5 bombeiros).

Inmediatamente fixeron uso dos extintores de dotación dos vehículos policiais para tentar sufocar as chamas que saían de interior do motor do devandito vehículo, en espera da chegada da dotación de bombeiros, e a fin de minimizar os danos.

Aos poucos minutos outra Unidade Policial prestou apoio, utilizando tamén o extintor de dotación, axudando tamén no corte da rúa, para facilitar a chegada dos vehículos de emerxencia.

Unha vez sufocar as chamas, identificouse ao titular do vehículo; M. P. G, de Vigo e 39 anos de idade, que conseguiu saír ileso tan pronto se deu conta do incidente.

Ao pouco chego a dotación de bombeiros que se encargo de asegurar a definitiva extinción das chamas.

Ao atoparse o vehículo obstaculizando un carril de circulación se comisionó un guindastre co fin de desprazar o vehículo a un lugar onde non obstaculizase á espera da chegada do servizo de asistencia do seguro.