Un conductor resultou ferido de consideración despois de envorcar co seu vehículo en Bande

Por o 08/05/2018 | Sección: Sucesos
Un conductor resultou ferido de consideración despois de envorcar co seu vehículo en Bande
Compartir en:

Un home resultou ferido de consideración despois de envorcar co vehículo que conducía á altura do termo municipal ourensá de Bande.

Segundo informaron os membros do GES de Muíños que acudiron ao lugar nada mais ser alertados polo 112 Galicia, trasladaron ao condutor con prognóstico  grave ata o centro hospitalario de referencia.

Foi unha persoa particular quen, sobre as 20:15 horas da tarde pasada, informaba ao 112 Galicia dun accidente cun coche envorcado na OU-540, á altura da gasolineira Repsol de Bande. Indicaba que o único ocupante do vehículo non estaba atrapado pero si ferido de gravidade.

Con estes datos, foi a partir dese momento cando o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Muíños. Así mesmo,  solicitou a colaboración dos efectivos de Protección Civil de Bande que tamén se desprazaron ao punto nada mais ser alertados.

Unha vez evacuada a persoa, membros do GES indicaron ao CIAE que foi preciso interromper a circulación mentres o turismo sinistrado non foi retirado da vía.

Condutor ferido en Trabada
Por outra banda, minutos antes das 21:00 horas deste domingo, persoal sanitario informaba ao CIAE doutro coche envorcado na estrada de Riotorto, xustamente na LU-P5506, á saída da localidade lucense de Trabada e co seu condutor ferido. Tras indicar, o alertante, que a persoa podía estar atrapada no interior do turismo, os Bombeiros de Barreiros desprazáronse ao lugar nada mais ser alertados polo 112 Galicia, aínda que finalmente, non foi preciso o uso do material de excarceración. Familiares da vítima sacárono do interior do vehículo.

Ademais do persoal sanitario e dos Bombeiros de Barreiros, ata o lugar desprazáronse os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil de Trabada.