Un condutor de patinete é atropelado no cruzamento con Menendez Pelayo e Pi y Margall

Publicado por o día 13/01/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un condutor de patinete é atropelado no cruzamento con Menendez Pelayo e Pi y Margall

O sábado ás 14:39 horas, tívose constancia dun accidente con feridos na rúa Pi y Margall.

En principio a información dada, sinalaba que se produciu un atropelo, comprobando que o atropelado non era un peón, senón o usuario dun VMP.

O condutor do patinete estaba ferido, procedendo a solicitar a presenza dunha Unidade do 061.

Atendido polos sanitarios I. E. C, de Vigo e 23 anos de idade, non necesitou ser trasladado, sendo entrevistado polos axentes para aclarar os feitos e elaborar o correspondente informe.

Durante esta xestión comprobaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Por este motivo procederon a realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado positivo de 0,70 e 0,74 mg/l de alcol por aire expirado, o que excede o límite penal establecido.

Todo apunta a que o usuario do VMP invadiu o cruzamento con Menendez Pelayo sen respectar o grupo semafórico, impactando co turismo que nese momento viraba coa fase que afectaba a súa marcha en verde.A maiores, os Actuantes pescudaron que tiña unha perda de vixencia do permiso de condución, posiblemente motivo polo que na actualidade conducía o referido elemento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.