Un condutor resulta ferido grave tras saírse da vía co seu vehículo na A-54, en Santiago

Por o 17/04/2019 | Sección: Galicia,Santiago,Sucesos
Un condutor resulta ferido grave tras saírse da vía co seu vehículo na A-54, en Santiago

Un condutor resultou ferido de gravidade ao saírse da vía o coche que conducía pola A-54, ao paso por Santiago.

O sinistro produciuse ás 8:30 horas de hoxe, cando varias persoas contactaron co 112 Galicia para pedir axuda para o condutor, que, se ben estaba fóra do vehículo, necesitaba asistencia médica. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informouse aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que evacuaron ao ferido en estado grave.

Ademais, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e, tamén, do persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.

Comentar noticia

Your email address will not be published.