Un accidente entre dous vehículos remata cun dos condutores implicados ferido, ao ser atropelado por un terceiro coche.
Foi unha persoa particular quen, sobre as 23:30 horas da pasada noite, chamou ao 112 Galicia para informar do suceso. Segundo o seu relato, había unha persoa tendida no chan. Nese intre, outro particular indica aos xestores de emerxencias que acababa de ter un accidente contra un vehículo na A-55, á altura de Sanguiñeda, dirección Vigo e, ao saír dos turismos un terceiro vehículo atropelou ao condutor do outro coche sinistrado, deixándoo ferido.
Así, con estes datos, desde o 112 Galicia informou decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén, os Bombeiros do Porriño foron informados dos feitos.
Unha vez no punto, o ferido foi evacuado polo persoal sanitario e trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Noticias de última hora en Vigo