Un descoido cun soprete provoca un incendio nun edificio na Coruña sen causar danos persoais

Publicado por o día 08/09/2019 na sección de A Coruña,Galicia,Sucesos

Un descoido cun soprete provoca un incendio nun edificio na Coruña sen causar danos persoais

O mal uso dun soprete foi a causa dun incendio que puxo en alerta aos veciños dun edificio da Rúa da Torre, na Coruña. Por fortuna, ninguén resultou ferido e os danos ocasionados polo lume limitáronse a unha parte da cuberta de madeira do tellado.

Todo comezou ao fío das 19:20 horas, cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun veciño preocupado polo intenso fume que vía saír dende un edificio próximo. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, antes da chegada dos servizos de emerxencias, o alertante procedeu a avisar aos demais inquilinos para que desocupasen as súas vivendas, por precaución.

Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha vez no lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que o lume orixinouse por mor dun incidente coa chama que proxectaba o aparello de combustión.

Comentar noticia

Your email address will not be published.