Un desprendemento en Crecente obriga a desviar os trens da liña entre Monforte e Vigo

Publicado por o día 12/12/2020 na sección de Sucesos

Un desprendemento en Crecente obriga a desviar os trens da liña entre Monforte e Vigo

Un desprendemento na vía férrea que une Monforte con Vigo obriga a desviar algúns trens.

Así o informou a través do 112 Galicia o persoal de seguridade de Renfe pasadas as catro desta tarde.

Segundo indicaron, un desprendemento detectado na Frieira, en Crecente, ocasionou algúns danos na vía férrea e na súa contorna, que obrigaron a desviar algúns convois.

Pola súa parte, os axentes da Policía Local procederon a balizar a zona como medida de protección mentres os técnicos resolven os danos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.