Un detido e 99 sancionados na cidade de Vigo neste fin de semana

A Policía Local de Vigo, desde as 06:30 horas do pasado sábado ata as 06:30 horas deste domingo, detivo a unha persoa e impuxo un total de 99 denuncias por motivos relacionados coa normativa sanitaria Covid en vigor. A este respecto, os axentes realizaron neste tempo máis de vinte controis na cidade, en lugares como a Avenida de Madrid, Ángel de Lema e Marina, Samil, Progreso, Cánovas del Castillo, Ricardo Mella, a Avenida de Galicia e a Estrada de Camposancos, entre outros.

Case que a metade das sancións tramitadas (48) responden á vulneración do peche perimetral decretado para Vigo. En segundo lugar aparecen outras dez denuncias por consumir alcohol na vía pública, nove por non levar a máscara facial obrigatoria, oito máis a persoas reunidas sen gardar a distancia de seguridade, outras oito por exceder nas rúas o horario límite das 22 horas, sete sancións en domicilios a persoas non convivintes, sete por incumprimento da norma de aforo en locais, outra por infrinxir a normativa de terrazas e unha última por falta de respecto á autoridade con ocasión dunha intervención relacionada co Covid.

Por outra banda, o detido foi un varón que circulaba en vía pública ás 23:30 horas sen xustificación, saltándose semáforos en vermello tanto en Jenaro de la Fuente como na Travesía de Vigo. Unha vez parado e no transcurso da proba de drogas, o condutor amosouse agresivo cos axentes tanto verbal como físicamente, polo que tivo que ser reducido e detido.

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

SIGUENOS EN TELEGRAM