Este xoves, ás 18:00 h., nos cinemas do Centro Comercial Gran Vía, os membros do grupo contarán ao público o seu paso polo festival e anunciarán a súa presenza na edición do ano que vén. Ademais, estrearase un documental sobre o certame e inaugurarase a exposición fotográfica do proxecto “ Vinte no Camiño”.
O Barbeira Season Fest organiza un evento de clausura da súa primeira edición este xoves no Centro Comercial Gran Vía, de Vigo. A organización do festival, que xa anunciou que haberá segunda edición o ano que vén, quere desta maneira “pechar un círculo que resultou ser perfecto e celebrar co público o éxito do certame do pasado mes de setembro”. Este festival forma parte do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Xunta de Galicia.
Ás 18:00 h., na planta 3 (á beira dos cinemas) Centro Comercial Gran Vía, inaugurarase a exposición vinculada ao proxecto “Vinte no Camiño” que se anunciou no podcast levado a cabo o día do festival. Trátase dunha mostra produto dunha residencia artística do escritor Diego Giráldez e a fotógrafa Tamara de la Fuente que dan outra perspectiva do camiño despois de traballar nun tramo do Camiño Portugués de Costa, que pasa por Baiona.
Ás 18:30 h., nunha das salas de cinema do centro comercial, estrearase o curto documental “Barbeira no Camiño”, dirixido por Antón Veiga, no que se descubrirá o proceso de produción do festival coas impresións dos seus protagonistas. Trátase tamén dunha homenaxe ao Camiño Portugués de Costa e aos peregrinos que o cruzan.
Dez minutos máis tarde, chega un dos momentos máis interesantes desta clausura: o coloquio cos membros do grupo La Habitación Roja. Durante a charla, moderada por María Yáñez, anunciará a súa presenza no Barbeira Season Fest do próximo ano- concerto que entra dentro da celebración do 25 aniversariod e a banda- e contarán a súa experiencia nesta edición.
Todas as acitividades son de balde.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.