‘Un dos nosos’ para pechar un ilusionante plantel: Rafinha chega ao RC Celta

Publicado por o día 02/09/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

‘Un dos nosos’ para pechar un ilusionante plantel: Rafinha chega ao RC Celta

O último día do mercado de fichaxes sáldase para o RC Celta cun retorno especialmente ilusionante. Rafinha Alcántara regresa, pendente da revisión médica, ao conxunto celeste en calidade de cedido para completar un plantel con once canteiráns que xerou un gran entusiasmo no celtismo.

Rafinha creceu en Vigo, ‘xogou’ en Balaídos sendo un neno e mostrou sempre un gran agarimo e unha forte vinculación co RC Celta, co que disputou varios torneos en categorías inferiores. Queda no recordo da afección o seu gran rendemento na campaña 2013/2014, cando vestiu a camiseta celeste ás ordes de Luís Enrique.

Agora regresa para completar un gran plantel, á que achegará a súa enorme calidade, polivalencia, compromiso e ilusión. O talentoso xogador zurdo disputou no RC Celta 32 partidos nos que anotou catro goles e deu sete asistencias.

Rafinha será presentado no estadio de Abanca Balaídos nos próximos días.

Rafinha pasa recoñecemento e plasma a súa firma na Sede

Rafinha Alcántara pasou recoñecemento médico esta noite e asinou o seu contrato co RC Celta na Sede. O futbolista celeste someteuse ás probas de imaxe na clínica Gaias, entidade colaboradora da Clínica RC Celta, e completou o seu recoñecemento neste último centro, na rúa do Príncipe.

Rafinha lucirá, como na súa anterior etapa no RC celta, o dorsal 12 e leste mesmo martes incorporarase aos adestramentos do equipo nas instalacións deportivas da Madroa. Claudio Beauvue, pola súa banda, levará o dorsal 9.

Comentar noticia

Your email address will not be published.